Iniciación a Wordpress para xornalistas

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online Iniciación a Wordpress para xornalistas, que se desenvolverá o luns 1 e martes 30 de abril. O curso, dunha duración de 10 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

A través desta formación, os asistentes adquirirán as ferramentas e os coñecementos básicos para construir una páxina web en Wordpress para neófitos na materia sen coñecementos de HTML. O curso comprende todo o proceso de elaboración da web, desde a elección do dominio ata a confección dun mínimo posicionamiento SEO, unha vez a páxina está lista.

Mediante un percorrido teórico-práctico, o taller quere incidir en resolver as dificultades e obstáculos que, por descoñecemento desta especialidade, o alumno vai atopando a medida que avanza. O curso caracterízase por utilizar recursos gratuitos para elaborar a páxina web. O alumno creará a súa propia web nunha plataforma virtual gratuita e desde alí poderá acabar publicándoa no dominio e hosting elixido se así o desexa, pasando a ser de pagamento.

O curso estará impartido por Francesc Xavier Codony Torres, xornalista, comunicador e formador tecnolóxico. Na súa etapa nos medios de comunicación, e logo de pasar pola radio, foi presentador e editor de programas informativos na delegación de Cataluña de Antena 3 TV. En 2003 iniciouse na comunicación corporativa, exercéndoa no Fórum 2004, na Universidade de Barcelona e en Intermón Oxfam. Na actualidade traballa como freelance para diferentes clientes.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 70 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa