Curso Básico de Redacción en Medios de Comunicación

O Centro Asociado da UNED de Lugo organiza do 26 de novembro ao 10 de decembro o curso online de extensión universitaria 'Curso Básico de Redacción en Medios de Comunicación'. O custo da matrícula e de 30 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 20 horas lectivas, en horario de 16:00 a 19:00, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Xoves 26 de novembro

1.Fundamentos do xornalismo.
1.1. Que é o xornalismo?
1.2. Que é xornalista?
1.3. Por que quero ser xornalista?
1.4 De verdade queres dedicarte a isto?
2. Xéneros xornalísticos.
2.1. Informativos: Noticias e reportaxes.
2.2. Testemuñais: Entrevistas, crónicas e críticas.
2.3. De opinión: Artigos e columnas de opinión e editoriais.
3. Normas básicas de redacción xornalística.
3.1. A pirámide invertida.
3.2. Ortografía e gramática.
3.2.1. Uso de maiúsculas e minúsculas.
3.2.2. O acento gráfico nos ditongos e hiatos.
3.2.3. Dúas maneiras de citar ben e unha de citar mal.
3.2.4. Por qué, porque, por que e porqué.
3.2.5. Erratas e grallas frecuentes.

Venres 27 de novembro

3.3. Léxico.
3.3.1. Significado e uso dalgúns verbos.
3.3.2. En que idioma se nomean os organismos autonómicos?
3.3.3. Clichés, bordóns, redundancias e uso correcto do vocabulario.
3.3.4. Uso dos prefixos.
3.4. Signos de puntuación.
3.4.1. Uso do punto.
3.4.2. Uso da coma entre suxeito e verbo.
3.4.3. Uso do punto e coma.
3.4.4. Outros signos de puntuación.
3.5. Normas de edición e estilo.
3.5.1. Edición, estilo e libros de estilo no xornalismo.
3.5.1. Título, subtítulo, lead, destacados e corpo do texto.
3.5.2. Uso dos tempos verbais na cita de declaracións.
3.5.3. Como citar a "fonte" dunha información?
3.5.4. Como referirse ao "contexto" dunha información?
3.5.5. Cursiva, "aspas dobres" ou 'aspas simples'?
3.5.6. Uso do tanto por cento (%).
3.5.7. Uso das cifras.
3.5.8. Sobre a conveniencia de evitar as abreviaturas.

Mércores 9 de decembro

4. Redacción adaptada ao medio de comunicación (soportes da información).
4.1. Medios tradicionais: Prensa, radio e televisión.
4.1.1. Redacción en prensa.
4.1.2. Redacción en radio.
4.1.3. Redacción en televisión.
4.2. Medios vinculados a Internet.
4.2.1. Webs xornalísticas.
4.2.2. Blogues.
4.2.3. Redacción adaptada a podcast.
4.2.4. Videodifusión e YouTube.

Xoves 10 de decembro

5. Código ético do xornalismo fronte ás noticas falsas (Fake news).
5.1. Código deontolóxico do xornalismo.
5.2. Que son as noticias falsas?
5.3 Tipos de noticias falsas.
5.4. Claves para detectar os bulos en Internet e as redes sociais
5.5. Ferramentas de apoio contra as noticias falsas.
5.6. Como se protexer das noticias falsas?

O curso estará impartido por Jesús J. Blanco Rosas, xornalista e docente e doutor en Xeografía e Historia., e conta coa dirección de María Fuensanta Otero Beltrán, pedagogam,  educadora de Adultos e coordinadora da Extensión Universitaria CA Lugo e Aula de Foz. Máis información e matrícula aquí

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.