'Violencia e Xénero: Unha Visión transversal'

O Centro UNED de Lugo organiza os venres 13 e 27 de abril e 11 e 18 de maio o curso de extensión universitaria 'Violencia e Xénero: Unha Visión transversal'. O curso vaise impartir en horario de 18:15 a 21 horas no Centro Asociado da UNED de Lugo (Tolda de Castela Nº4B), e pode realizarse tamén a través da internet.

O custo da matrícula e de 20 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 10 horas lectivas, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Venres 13 de abril

18:15-19:30 Conferencia Inaugural “Incidencia das situacións de violencia no ámbito familiar”
Sergio Orduña Alonso, Maxistrado-Xuiz Titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Lugo.

19:30-21:00 Mesa-coloquio “Violencia de Xénero e Educación”
Participan: 
Isabel  Sánchez Corral.Profesora de Filosofía en Educación Secundaria. Grupo DOXA de Filosofía.
María del Mar Carballo Cela. Profesora de Filosofía en Educación Secundaria. Grupo DOXA de Filosofía.
Yago Rodríguez Yáñez. Profesor de Lingua Española en Educación Secundaria. 

Modera:
David Lombao Rodríguez. Xornalista. Director do xornal dixital “Praza publica”.

Venres 27 de abril

18:15-19:30 “Vítima en primeira persoa”
Marta Rodríguez Engroba. Presidenta da Asociacion “Si hai saida contra a violencia de xénero”.

19:30-21:00 Mesa-coloquio: “Servizos públicos e violencia de xénero”
Participan: 
Susana López Abella. Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar
Marta Rodríguez Engroba Presidenta da Asociacion “Si hai saida contra a violencia de xénero”.
Carme Pérez Arias. Enfermeira 

Modera:
Rocío García-Puertas Taboada. Avogada ICA Lugo

Venres 11 de maio

18:15-19:30 “Tratamento penitenciario e delitos de violencia de xénero”
Víctor Fraga Gayoso. Funcionario do Corpo Superior Técnico de II.PP. Especialidade Psicoloxía

19:30-21:00 Mesa coloquio “Violencia contra a muller e Xustiza”
Participan:
Sandra Piñeiro Vilas. Maxistrada Xuíza do Xulgado de instrución núm.2 de Lugo
Cristina Pérez Salgado. Avogada. Membro e responsábel de violencia de xénero da Xunta de Goberno do ICA Lugo  
Víctor Souto Fernández. Capitán da Gardia Civil. Xefe da UOPJ da Comandancia de Lugo.

Modera:
Begoña Santos Alfonso. Avogada ICA Lugo e Profesora de Dereito Penal Centro Asociado Uned de Lugo. Ex Directora Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia.

Venres 18 de maio

18:15-19:30 Mesa coloquio “Medios de comunicación e tratamento da violencia contra a muller”
Participan:
David Lombao Rodríguez. Xornalista. Director do xornal dixital“Praza publica”
Nerea Pallares Vilar. Xornalista. Escritora. 
Orestes Curras Ordoñez. Xornalista. Correspondente TVE en Lugo

Modera:
Lucia Girón Conde. Fiscal da Audiencia Provincial de Lugo
 
19:30-21:00 “Proceso, Dereit e Violencia contra a muller”
Adriano J. Alfonso Rodriguez. Doutor en Dereito-Criminólogo. Profesor Tutor UNED Lugo.

O curso estará dirixido por Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez, Doctor en Derecho, criminólogo e xuíz substituto. Máis información e matrícula aquí

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.