'Curso básico sobre propiedade intelectual'

O Centro UNED de Lugo organiza entre os días 11 e 15 de xuño un Curso básico sobre propiedade intelectual. O curso vaise impartir en horario de 16 a 19 horas na Aula de Monforte de Lemos (Cantigas e frores, nº 31), e pode realizarse tamén a través da internet.

O custo da matrícula e de 30 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 15 horas lectivas, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Luns 11 de xuño

UNIDADE I: INTRODUCIÓN Á PROPIEDADE INTELECTUAL

1. CONSIDERACIÓNS XERAIS E DEFINICIÓN
1.1. Definición
2. O DEREITO DE AUTOR COMO DEREITO DE PROPIEDADE
3. NATUREZA XURÍDICA DO DEREITO DE AUTOR
4. NORMATIVA APLICABLE
4.1. Tratados internacionais con máis repercusión e implantación relativos ao dereito de autor
4.2. Normativa europea sobre propiedade intelectual
4.3. Lexislación nacional
5. PRESENTE E FUTURO DA PROPIEDADE INTELECTUAL

UNIDADE II: O OBXECTO E O SUXEITO DA PROPIEDADE INTELECTUAL

1. A OBRA, CONCEPTO E CLASIFICACIÓN
1.1. Concepto
1.2. Clasificación
2. A OBRA COMO CREACIÓN ORIXINAL
3. OBRAS DERIVADAS OU COMPOSTAS
4. OBRAS EN COLABORACIÓN
5. OBRAS COLECTIVAS
6. COLECCIÓNS E BASES DE DATOS
7. O TITULAR DO DEREITO DE AUTOR
7.1. Autores e outros beneficiarios 
7.2. Casos de coautoría 
7.3. Presunción de autoría
7.4. Presunción de autoría en favor da empresa

Martes 12 de xuño

UNIDADE III: O DEREITO DE AUTOR

1. INTRODUCIÓN
2. OS DEREITOS MORAIS DO AUTOR
2.1. Introdución 
2.2. Dereito de divulgación 
2.3. Dereito de paternidade
2.4. Dereito de integridade
2.5. Dereito de modificación 
2.6. Dereito de acceso 
2.7. Dereito de retirada ou de arrepentimento 
2.8. Vixencia dos dereitos morais e exercicio 'post mortem'
3. OS DEREITOS ECONÓMICOS OU PATRIMONIAIS
3.1. Consideracións previas 
3.2. Dereitos exclusivos de explotación
3.2.1. Dereito de reprodución
3.2.2. Dereito de distribución
3.2.3. Dereito de comunicación pública
3.2.4. Dereito de transformación 
3.2.5. Duración dos dereitos de explotación
3.2.6. Límites aos dereitos exclusivos de explotación
3.2.7. A regra dos tres pasos
3.3. Dereitos de remuneración
3.3.1. Dereito de participación 
3.3.2. Compensación equitativa por copia privada
3.3.3. Outros dereitos de remuneración

Mércores 13 de xuño

UNIDADE IV: OUTROS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL: OS DEREITOS AFÍNS AO DEREITO DE AUTOR 

1. INTRODUCIÓN
2. OS DEREITOS DOS ARTISTAS INTÉRPRETES OU EXECUTANTES
3. OS DEREITOS DOS PRODUTORES DE FONOGRAMAS
4. OS DEREITOS DOS PRODUTORES DAS GRAVACIÓNS AUDIOVISUAIS
5. OS DEREITOS DAS ENTIDADES DE RADIOFUSIÓN
6. A PROTECCIÓN DAS MERAS FOTOGRAFÍAS
7. A PROTECCIÓN DE DETERMINADAS PRODUCIÓNS EDITORIAIS
7.1. Obras inéditas en dominio público
7.2. As obras non protexidas
8. DEREITO SUI GENERIS SOBRE AS BASES DE DATOS
8.1. Introdución
8.2. A protección 'sui generis' das bases de datos
8.3. Excepcións ao dereito sui generis
8.4. Prazo de protección
8.5. Salvagarda de aplicación doutras disposicións

Xoves 14 de xuño

UNIDADE V: AS ENTIDADES DE XESTIÓN

1. INTRODUCIÓN
2. CONCEPTO E RÉXIME XURÍDICO
2.1. Entidades legalmente constituídas sen ánimo de lucro
2.2. Obxecto e lexitimación
2.3. Obrigas
2.4. Control da Administración
2.5. Réxime sancionador
3. ENTIDADES DE XESTIÓN EXISTENTES EN ESPAÑA..

UNIDADE VI: PROTECCIÓN DOS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL
 
1. O REXISTRO DA OBRA
2.1. O Rexistro Xeneral da Propiedade Intelectual
2.2. Alternativas ao Rexistro da Propiedade Intelectual
2. SÍMBOLOS OU INDICACIÓNS DE RESERVA DE DEREITOS 
3. PROTECCIÓN EXTRAXUDICIAL
4. PROTECCIÓN XUDICIAL. ACCIÓNS E PROCEDEMENTOS
5. CESAMENTO DA ACTIVIDADE ILÍCITA
5.1. Medidas de cesación
5.2. Destrución de bens ou posibilidade de entrega a conta
6. INDEMNIZACIÓN POR DANOS E PREXUÍZOS
7. MEDIDAS PREVENTIVAS
8. MEDIDAS TECNOLÓXICAS DE PROTECCIÓN E INFORMACIÓN PARA A XESTIÓN DE DEREITOS.
 
Venres 15 de xuño

UNIDADE VII: USOS DA OBRA, LICENZAS E DOMINIO PÚBLICO

1. USOS DA OBRA. LICENZAS
1.1. Copyright
1.2. Copyleft
2. O DOMINIO PÚBLICO
2.1. Utilización das obras de dominio público
2.2. Atopar obras de dominio público

UNIDADE VIII: O DEREITO DE AUTOR E  A WEB 2.0

1. INTRODUCIÓN
2. OS CONTIDOS XERADOS POLOS USUARIOS
3. TIPOS DE CONTIDOS E IMPORTANCIA
4. CESIÓN DE DEREITOS SOBRE CONTIDOS DOS USUARIOS
5. COMO CONCILIAR OS DEREITOS DOS AUTORES E O USO MASIVO DAS SÚAS OBRAS POLOS USUARIOS? 
5.1. Vías de conciliación posibles
6. CONCLUSIÓNS

O curso estará impartido por Xosé Manuel Fernández Montes, licenciado en Dereito e especialista universitario en Propiedade Intelectual, marcas e patentes pola USC. Máis información e matrícula aquí

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.