Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Sábado, 04 de setembro de 2010 | 21:29

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Novas

COMO CONSECUENCIA DA SÚA SITUACIÓN ECONÓMICA PRECARIA

O Colexio de Xornalistas lamenta o peche do histórico A Nosa Terra

[03/09/2010] O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche da versión en papel de A Nosa Terra, semanario en galego con máis dun século de historia que deixará de estar nos quioscos como consecuencia da súa precaria situación económica.


TVG GASTARÁ 500.000 EUROS MENOS NA RETRANSMISIÓN EN DIRECTO TRAS ''OPTIMIZAR RECURSOS''

A Xunta busca patrocinadores para rebaixar a tres millóns o custo da viaxe do Papa

[02/09/2010] Boa parte do mundo mirará cara a Galicia o día 6 de novembro. Polo menos 150 millóns de persoas farano grazas á televisión. A repercusión da mediática visita de Benedito XVI é o principal argumento esgrimido polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para xustificar o diñeiro que terán que desembolsar as arcas públicas durante a vertixinosa estancia papal.


Jacinto Rey

AS VENDAS, MÁIS DE 1,5 MILLÓNS EN 2009, PERMITEN IR PAGANDO A DÉBEDA CON CAIXANOVA

Jacinto Rey non pode pechar 'A Nosa Terra' sen negociar un plan de viabilidade

[02/09/2010] O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación.


ANTE OBSERVACIÓNS REALIZADAS POR ACHEGADOS DA FAMILIA

O Colexio de Xornalistas insta a actuar con rigor no caso da desaparición de Sonia Iglesias

[02/09/2010] Ante algunhas observacións realizadas ante o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) por persoas achegadas á familia de Sonia Iglesias, a Xunta de Goberno fai un chamamento a medios e a profesionais para teñan unha especial observancia dos condicionamentos deontolóxicos da profesión, en especial os referidos á diferenza entre feitos e suposicións, e ao dereito á intimidade das persoas.


O XUÍZ PEDRAZ ORDENOU A SÚA DETENCIÓN

EEUU di que os militares do 'caso Couso' foron absoltos polo Pentágono

[30/07/2010] O Departamento de Estado de Estados Unidos sinalou este xoves que os tres militares estadounidenses presuntamente responsables da morte do cámara español de Telecinco José Couso no Hotel Palestina de Bagdad, cuxa busca e captura ordenou este xoves o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz, foron absoltos polo Pentágono.


| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes

Filtrar novas




© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación