Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Sábado, 31 de xullo de 2010 | 02:37

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

A PARTIR DO VINDEIRO LUNS REALIZARÁNSE ACCIÓNS DE PROTESTA

Faro de Vigo despide a oito traballadoras, incluída unha delegada sindical

[10/07/2009] O pasado 7 de xullo Faro de Vigo despediu a oito traballadoras das seccións de Peche, Devolución e Central. A Inspección de Traballo e un xulgado de Vigo obrigaron á empresa hai máis dun ano a regularizar a cinco destas traballadoras, ás que recolocou nas seccións de Peche e Devolución. Logo de facer valer os seus dereitos laborais, agora ponas na rúa cunha media de 30 anos na empresa.

A unha traballadora de Central, con 48 anos de antigüidade, despídea meses logo de rexeitar unha oferta para se prexubilar. Tras toda unha vida na prensa vaise cunha indemnización de 20 días por ano traballado. Outra compañeira de Central, delegada sindical, foi despedida e o xerente chamou á policía para desaloxala do seu posto de traballo.

As traballadoras recorrerán ante a xustiza o que consideran despedimentos improcedentes e co apoio dos sindicatos (CC OO, CIG e UXT), os comités de empresa de Faro de Vigo e Celta de Artes Gráficas e compañeiros e compañeiras protagonizarán accións de protesta a partir do próximo luns ante as oficinas do xornal na rúa Uruguai, así como nas dependencias do diaro en Chapela.

O comité de empresa esixe a Faro de Vigo a readmisión das traballadoras despedidas.

COMITÉS DE EMPRESA DE FARO DE VIGO E CELTA DE ARTES GRÁFICAS

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación