Xuízo contra o semanario 'Charlie Hebdo' por publicar caricaturas do profeta Mahoma
O Tribunal Correccional de París fixou o proceso contra 'Charlie Hebdo' por publicar unhas caricaturas do profeta Mahoma para o 7 e o 8 de febreiro de 2007, en resposta ás demandas presentadas contra o semanario satírico pola Unión de Organizacións Islámicas de Francia (UOIF) e pola Gran Mesquita de París.
Os denunciantes acusan á revista de "inxurias públicas a un grupo de persoas por causa da súa relixión" ó publicar en febreiro de 2006 en portada un debuxo do Profeta chorando mentres dicía 'É duro ser querido por parvos'.
A UOIF, que agrupa a máis de dúascentas asociacións en Francia, pretende que se é condenado 'Charlie Hebdo' publique a sentenza na súa portada, e que se lle aplique unha multa.
FRANCIA
PERIODISTAS-ES
A UOIF, que agrupa a máis de dúascentas asociacións en Francia, pretende que se é condenado 'Charlie Hebdo' publique a sentenza na súa portada, e que se lle aplique unha multa.
FRANCIA
PERIODISTAS-ES