Xabier Fortes asume a subdirección do Centro Territorial de TVE en Galicia

O xornalista Xabier Fortes (Pontevedra, 1966), será a partir de hoxe o novo responsable do Centro Territorial de TVE en Galicia, en substitución de Domingo González.
Fortes, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, comezou a traballar en TVE fai 17 anos como delegado en Pontevedra e posteriormente, como informador e presentador en Santiago de Compostela. Cos cambios de estrutura no centro territorial, a figura de director convértese na de subdirector.

A CORUÑA
LA VOZ DE GALICIA