Unha xornalista testemuña que foi Libby quen lle revelou a identidade da axente da CIA
A ex reporteira de The New York Times Judith Miller, que pasou 85 días en prisión por non revelar quen lle filtrara o nome dunha axente da CIA, testemuñou este martes que a súa fonte foi Lewis Scooter Libby, ex axudante do vicepresidente, Dick Cheney.
Miller afirmou que foi el quen lle comunicou en xuño de 2003 que a muller dun diplomático que criticara a guerra de Iraq era en realidade unha axente da CIA. A reporteira contradi así as declaracións de Libby, que asegurara ós investigadores que oíu o nome de Plame por primeira vez o 10 de xullo, nun programa de televisión.
Miller, que testemuñou no xuízo en Washington contra Libby, que está acusado de perxurio, detallou que Libby lle dixo o 23 de xuño de 2003 que a muller de Joseph Wilson traballaba para a CIA. Noutra reunión dúas semanas despois, Libby sinalou que a esposa de Wilson traballaba no departamento que se ocupaba das armas de destrución masiva. "Dixo que a súa esposa, referíndose a Wilson, traballaba no departamento," respondeu Miller ás preguntas do fiscal Patrick Fitzgerald. "Deseguida entendín que se refería á CIA.'' Cando se lle lembraron as súas declaracións anteriores, a xornalista recoñeceu que esquecera a reunión do 23 de xuño a primeira vez que declarou ante un gran xurado en 2005.
Libby, de 56 anos, está acusado de mentir ós investigadores que tentaban pescudar se membros da administración de EE UU filtraron deliberadamente a identidade da axente da CIA Valerie Plame como represalia contra Wilson, o seu home, por cuestionar os argumentos do Goberno de EE UU para declarar a guerra a Iraq. A acusación sostén que Libby lle dixo ós investigadores que oíu falar de Plame por primeira vez nunha información do xornalista da NBC Tim Russert o 10 de xullo de 2003.
Miller foi prendida no 2005 por se negar a revelar quen era a fonte que lle descubriu a identidade de Plame. Máis tarde accedeu a cooperar na investigación de Fitzgerald sobre a filtración e foi liberada. Argumentou que decidiu testemuñar cando Libby a liberou da promesa de confidencialidade. Miller deixou o Times en novembro de 2005.
"Inquedo e frustrado"
Na súa reunión do 23 de xuño con Libby, parecía "inquedo, frustrado e enfadado" dixo Miller. Estaba preocupado porque a CIA estaba a corrixir os seus informes sobre as armas de destrución masiva de Iraq cunha "guerra de filtracións perversa", engadiu.
"Acusou á CIA de filtrar información que parecería distanciar á axencia das súas estimacións previas", engadiu. Ó principio, Libby referiuse a Wilson, ex embaixador, como "un tipo clandestino", aínda que despois chamou a Wilson polo seu nome, precisou o ex reporteira do Times.
Nos seus discurso sobre o Estado da Unión de xaneiro de 2003, durante os meses previos á invasión de Iraq, o presidente George W. Bush anunciou que Sadam Husein tentara mercar uranio en África para construír armas nucleares.
Viaxe a Níxer
Wilson proclamou que non encontrara ningunha proba durante unha viaxe a Níxer en 2002, onde foi enviado pola CIA. O 6 de xullo de 2003, Wilson escribiu nunha columna en The New York Times que o Goberno alterara os informes para xustificar a invasión de Iraq. Oito días despois, o columnista Robert Novak revelou en que a muller de Wilson era unha axente da CIA.
Miller sinalou que durante a segunda reunón con Libby, o 8 de xullo de 2003, este afirmou que dispuña de información abundante para soster que Iraq estaba a buscar uranio en África, segundo Miller. A reporteira revelou que os dous falaron de Plame nunha terceira ocasión, a finais desa mesma semana, cando Miller lle dixo por teléfono que non tiña pensado escribir un artigo sobre Plame.
Ante as preguntas do avogado de Libby, William Jeffress, Miller asegurou que cando testemuñou por primeira vez ante o gran xurado o día despois de saír de prisión en 2005, esqueceu que o 23 de xuño de de 2003 falara con Libby sobre Wilson e a súa esposa. E engadiu que só lembrou a conversación cando revisou as súas notas. "Non lembraba nada?", preguntoulle Jeffress. "Nada", respondeu Miller. Jeffress preguntoulle entón se o lembrou mentres estaba en prisión.
Confidencialidade
"Considerei necesario protexer a confidencialidade de Libby ata o momento en que me dese unha dispensa persoal e voluntaria", precisou Miller. "Non lembrei a conversación mentres estaba no cárcere". Para cuestionar a memoria de Miller, Jeffress leulle unha parte do seu testemuño ante o gran xurado, no que afirmou: "Necesito confiar nas miñas notas porque a miña memoria non é moi boa." engadiu que a súa memoria "depende moito das súas notas" e que lle pediran que revisase as súas anotacións desde xullo de 2003 non desde xuño.
A preguntas de Jeffress, Miller tamén sinalou que tiña o nome e o número de teléfono de Wilson no seu caderno antes da súa reunión do 23 de xuño con Libby. "Non lembro con quen falei sobre Joe Wilson". Cando lle preguntaron con cuante xente falou sobre Wilson e Plame durante xuño e xullo de 2003, respondeu, "Teño un vago recordo de ter falado de iso con moita xente". Miller engadiu que non lembra ter oido o nome de Plame antes da reunión do 23 de xuño con Libby.
Ata 10 anos
Libby está acusado de perxurio, obstrución á xustiza e falso testemuño. Enfróntase a unha pena de prisión de ata 10 anos se se lle declara culpable de obstrución, a acusación máis grave. Libby demitiu tras ser acusado en outubro de 2005.
Revelar sabedor a identidade dun axente segredo da CIA é un delito federal. Ninguén foi acusado pola filtración.
O ex secretario de prensa da Casa branca Ari Fleischer foi onte luns o quinto membro do Goberno en testemuñar que que falou de Plame con Libby antes da conversación do axudante de Cheney do 10 de xullo con Russert. Fleischer declarou que Libby lle dixo o 7 de xullo que a esposa de Wilson traballaba para a CIA, na división de loita contra a proliferación nuclear.
Está previsto que o proceso dure de catro a seis semanas.
WASHINGTON
EL PAÍS / BLOOMBERG
Miller, que testemuñou no xuízo en Washington contra Libby, que está acusado de perxurio, detallou que Libby lle dixo o 23 de xuño de 2003 que a muller de Joseph Wilson traballaba para a CIA. Noutra reunión dúas semanas despois, Libby sinalou que a esposa de Wilson traballaba no departamento que se ocupaba das armas de destrución masiva. "Dixo que a súa esposa, referíndose a Wilson, traballaba no departamento," respondeu Miller ás preguntas do fiscal Patrick Fitzgerald. "Deseguida entendín que se refería á CIA.'' Cando se lle lembraron as súas declaracións anteriores, a xornalista recoñeceu que esquecera a reunión do 23 de xuño a primeira vez que declarou ante un gran xurado en 2005.
Libby, de 56 anos, está acusado de mentir ós investigadores que tentaban pescudar se membros da administración de EE UU filtraron deliberadamente a identidade da axente da CIA Valerie Plame como represalia contra Wilson, o seu home, por cuestionar os argumentos do Goberno de EE UU para declarar a guerra a Iraq. A acusación sostén que Libby lle dixo ós investigadores que oíu falar de Plame por primeira vez nunha información do xornalista da NBC Tim Russert o 10 de xullo de 2003.
Miller foi prendida no 2005 por se negar a revelar quen era a fonte que lle descubriu a identidade de Plame. Máis tarde accedeu a cooperar na investigación de Fitzgerald sobre a filtración e foi liberada. Argumentou que decidiu testemuñar cando Libby a liberou da promesa de confidencialidade. Miller deixou o Times en novembro de 2005.
"Inquedo e frustrado"
Na súa reunión do 23 de xuño con Libby, parecía "inquedo, frustrado e enfadado" dixo Miller. Estaba preocupado porque a CIA estaba a corrixir os seus informes sobre as armas de destrución masiva de Iraq cunha "guerra de filtracións perversa", engadiu.
"Acusou á CIA de filtrar información que parecería distanciar á axencia das súas estimacións previas", engadiu. Ó principio, Libby referiuse a Wilson, ex embaixador, como "un tipo clandestino", aínda que despois chamou a Wilson polo seu nome, precisou o ex reporteira do Times.
Nos seus discurso sobre o Estado da Unión de xaneiro de 2003, durante os meses previos á invasión de Iraq, o presidente George W. Bush anunciou que Sadam Husein tentara mercar uranio en África para construír armas nucleares.
Viaxe a Níxer
Wilson proclamou que non encontrara ningunha proba durante unha viaxe a Níxer en 2002, onde foi enviado pola CIA. O 6 de xullo de 2003, Wilson escribiu nunha columna en The New York Times que o Goberno alterara os informes para xustificar a invasión de Iraq. Oito días despois, o columnista Robert Novak revelou en que a muller de Wilson era unha axente da CIA.
Miller sinalou que durante a segunda reunón con Libby, o 8 de xullo de 2003, este afirmou que dispuña de información abundante para soster que Iraq estaba a buscar uranio en África, segundo Miller. A reporteira revelou que os dous falaron de Plame nunha terceira ocasión, a finais desa mesma semana, cando Miller lle dixo por teléfono que non tiña pensado escribir un artigo sobre Plame.
Ante as preguntas do avogado de Libby, William Jeffress, Miller asegurou que cando testemuñou por primeira vez ante o gran xurado o día despois de saír de prisión en 2005, esqueceu que o 23 de xuño de de 2003 falara con Libby sobre Wilson e a súa esposa. E engadiu que só lembrou a conversación cando revisou as súas notas. "Non lembraba nada