Unha sentenza responsabiliza ás televisións do que digan os espectadores nos seus programas
A Audiencia de Cantabria determinou que as televisións respondan solidariamente do dano que poidan causar á imaxe ou á honra de terceiros os comentarios que realicen a través dos seus programas os seus espectadores, se o seu contido é constitutivo dun delito de calumnias ou de inxurias, informa Efe.
O tribunal aplica este criterio ó revisar unha sentenza dun xulgado de Santander que declaraba á televisión local Telebahía responsable civil solidaria das calumnias que proferira contra unha enfermeira do hospital Marqués de Valdecilla unha espectadora que telefonara ó seu programa 'Bahía noche'. O Xulgado do Penal número 1 de Santander condenou á espectadora María Antonia P. G. a pagar unha multa de 2.240 euros e a indemnizar á enfermeira coa cantidade de 1.000 euros.
Esa sentenza obrigaba a Telebahía a responder solidariamente da indemnización, o que significa que a enfermeira ofendida pode esixir os 1.000 euros á acusada ou ó medio, á súa elección.
Tanto a acusada como a televisión local recorreron a sentenza, no caso desta última para defender que o medio non tivera responsabilidade algunha no comentario calumnioso. A Audiencia confirma a condena e responde á televisión que o Código Penal determina que os medios de comunicación son responsables civís solidarios das calumnias ou inxurias que outros poidan propagar a través deles. "A única esixencia para establecer a responsabilidade civil do artigo 212 do Código Penal é a utilización do medio de propagación, en cuxo caso o medio de comunicación que os difunde é responsable civil solidario", razoa a maxistrada relatora da sentenza, María Rivas Antoñana.
A citada espectadora dixo en directo que unha enfermeira de Valdecilla atara e pegara á súa filla, ingresada na unidade de psiquiatría, por tela espertado para pedir un vaso de leite. En realidade, eses supostos malos tratos non existiron. O que en verdade ocorrera, segundo determinou o xuíz, foi que o persoal do centro sanitario inmobilizara á filla da acusada para evitar que se autolesionara ou provocase algún dano dados os altos niveis de excitación e agresividade que mostraba.
SANTANDER
EL PAÍS