TVE incrementou os seus ingresos por publicidade durante 2006

TVE ingresou 49 millóns de euros por publicidade o pasado setembro, o que significa que, nos nove primeiros meses do 2006, o nivel de execución sobre os obxectivos previstos alcanzou o 100,1 por cento, segundo RTVE.
En resposta a unha pregunta parlamentaria da deputada popular Macarena Montesinos, a directora xeral de RTVE, Carmen Caffarel, explica ademais que a evolución dos minutos de publicidade emitidos polas dúas cadeas de TVE, entre setembro de 2005 e o mesmo mes de 2006, medrou o 6,3 por cento.

Estes datos, precisa a resposta parlamentaria, foron facilitados por Sofres.

Ademais, a canle internacional de TVE chega a uns 19 millóns de fogares en América e ten, xa que logo, unha penetración próxima ó 75 por cento na televisión de pagamento, segundo datos facilitados por RTVE. En Latinoamérica as cifras de abonados están en torno ós 12,5 millóns de fogares.

MADRID
DIARIO DE AROUSA / AXENCIAS