Turquía e a aprobación de leis contra a liberdade de expresión en Europa, protagonistas do Informe 2016 de RSF

Reporteiros sen Fronteiras presenta o seu Informe Anual RSF 2016, no que destaca a aprobación de leis represivas en distintos países democráticos europeos e o brutal deterioro da liberdade de información en Turquía.

Reporteiros sen Fronteiras (RSF) presentou este mércores 8 de febreiro no Centro Internacional de Prensa de Madrid o seu Informe Anual RSF 2016. A presentación estivo conducida por Pepa Bueno, presentadora do programa Hoy por Hoy, da Cadena SER, e nela participaron o xornalista turco nio exilio Yavuz Baydar e o hondureño, Milthon Robles, ademais da presidenta de RSF España, Malén Aznárez.

O informe destaca dous feitos relevantes que afectaron á liberdade de información ao longo do 2016: a aprobación de leis represivas en distintos países democráticos europeos e a situación en Turquía, máximo protagonista do deterioro da liberdade de expresión tras o fallido golpe de Estado. Segundo Aznárez, son “momentos especialmente duros para a profesión, mentres se fala continuamente de 'postverdade' cando debéramos dicir simplemente ‘mentira’, e cando as falsas realidades queren imporse, a golpe de autoritarismo e matonismo, desde o poder”.

A publicación destaca tamén outros casos a nivel mundial como a violencia contra os xornalistas nas guerras de Siria, Iemen e Irak ou os asasinatos de xornalistas en distintos países da América Latina

CPXG