Telemadrid sufrirá un novo paro o venres

A folga xeral de Telemadrid do pasado 5 de decembro "só era o primeiro paso dunha serie de mobilizacións que terán lugar ata as eleccións". Así o manifestaron os sindicatos da cadea autonómica madrileña nunha das súas follas sindicais no mes de novembro e así está a suceder.
Este venres, a cadea que dirixe Manuel Soriano volverá a sufrir un novo paro, aínda que neste caso só será de 13:00 a 15:00 horas. Nesa franxa horaria encóntranse o espazo de debate 'Alto y claro' e a primeira edición do informativo, dous dos programas que habitualmente duplican a audiencia media da cadea, con cotas de pantalla de máis do 20 por cento. Porén, e aínda que resulte paradoxal, ambos os dous espazos foron declarados servizos mínimos, igual que ocorreu durante a folga do 5 de decembro.

MADRID
LA RAZÓN
R.T.