Roubado o equipo fotográfico de Jose Luiz Oubiña

Anuncio pola recuperación do equipo desaparecido

O pasado 9 de xuño, o fotoxornalista e colexiado do CPXG Jose Luiz Oubiña sufriu un roubo na súa vivenda en Vilagarcía de Arousa no que se levaron o seu equipo fotográfico xunto co traballo que estivera a realizar durante varios días no Cabo de San Vicente para unha editorial. 

O fotoxornalista solicitou axuda nas redes sociais para localizar e recuperar o equipo roubado, unha cámara Canon 5D Mark III, con número de serie 182029006073, e un obxectivo Canon Zoom Lens EF 24-105 1:4 L IS USM, con número de serie 5188747.

Ademais, algúns dos seus compañeiros iniciaron unha campaña para chamar a colaborar economicamente co fotógrafo, ingresando cartos para axudarlle a recuperar a inversión perdida no número de conta ES13 2080 1075 2130 0000 1119. 

O Colexio de Xornalistas quere pór este caso en coñecemento das súas colexiadas e colexiados e do conxunto da profesión, para que todas as persoas interesadas poidan colaborar con Oubiña na maneira en que o desexen.

CPXG