Reporteiros sen Fronteiras reclama de novo a liberdade de Sami Al-Haj
O 11 de xaneiro de 2002 eran trasladados á base militar de Guantánamo (este de Cuba) varios centos de individuos, capturados polo exército norteamericano na operación 'liberdade duradeira', en Afganistán. Esa data marcou a apertura dun auténtico gulag tropical que recibiría ata 770 presos, entre os que se encontra o camarógrafo sudanés da canle qatarí Al-Jazira Sami Al-Haj, quen permanece detido sen cargos desde o 13 de xuño de 2002.
"Desgraciadamente, a invalidación polo Tribunal Supremo, en xuño de 2006, dos tribunais militares encargados de xulgar ós 'combatentes inimigos' detidos en Guantánamo non cambiou en nada a súa situación; a maioría están internados sen motivos, en condicións espantosas. A liberación dunha trintena, no último trimestre de 2006, non resta nada ó escándalo xurídico e humanitario, do que desde fai catro anos é responsable un país, porén democrático. Esperamos que a nova maioría, investida no Congreso o 4 de xaneiro de 2007, se fará cargo inmediatamente do caso e obrigará ó poder executivo a pechar o campo. Unha vez máis, pedimos a liberdade de Sami Al-Haj", declarou Reporteiros sen Fronteiras.
O camarógrafo sudanés de Al-Jazira Sami Al-Haj, capturado en decembro de 2001 polo exército paquistaní na fronteira afgá, e posteriormente entregado ós soldados norteamericanos, chegou á base naval o 13 de xuño de 2002. Forzado a confesar a existencia de supostas conexións entre a canle qatarí e Al qaeda, sometérono a máis de 150 interrogatorios e torturárono frecuentemente (exposición prolongada a pleno sol, suplicio da bañeira, privación de soño, etc.). Enfermo e privado de calquera contacto coa súa familia desde que o prenderon, o xornalista falou por primeira vez da súa intención de suicidarse durante unha visita do seu avogado, Clive Stafford-Smith, en abril de 2006. O caso de Sami Al-Haj, acusado sen probas de ter realizado unha entrevista con Ossama Ben Laden, e de se ter dedicado ó tráfico de armas por conta de terroristas islamistas, é un claro exemplo da sorte reservada a moitos dos que están detidos con el.
Unha directiva da Casa Branca, do 7 de febreiro de 2002, privou ós detidos de Guantánamo da Convención de Xenebra sobre presos de guerra, deixándoos así fóra de calquera marco xurídico. Tras unha longa batalla xurídica, o 29 de xuño de 2006 o Tribunal Supremo declarou inconstitucionais os tribunais militares encargados de xulgar ós 'combatentes inimigos'. O 12 de xullo seguinte quedaba abolida a directiva presidencial do 7 de febreiro de 2002 pero, o 28 de setembro, o Congreso legalizou os tribunais de excepción e introduciu novas cláusulas, impedindo que os presos poidan denunciar a súa detención antes de ser xulgados e prohibindo calquera acción xudicial contra os carcereiros. O 17 de outubro outra lei autorizou o recurso á tortura.
A base naval de Guantánamo recibiu ata 770 prisioneiros. Unha trintena saíron en liberdade no último trimestre de 2006. No campo hai actualmente 395 internos. Segundo a Axencia France-Presse (AFP), o goberno ten previsto xulgar entre 60 e 80. Clive Stafford-Smith non puido precisar a Reporteiros sen Fronteiras se Sami Al-Haj forma parte deles. O avogado londinense dixo á organización: "A moral dos presos está moi baixa, por evidentes razóns: levan cinco anos detidos sen a menor perspectiva de ter un xuízo equitativo. En contra do que pretenden os militares, as condicións son peores que nunca, peores que as de calquera corredor da morte que eu visitase, e vín moitos nos vinte anos que levo defendendo a condenados a morte en Estados Unidos. Á maioría dos presos de Guantánamo téñenos agora illados, sen nada que facer en todo o día".
Fai xa máis de 16 anos, Reporteiros Sen Fronteiras puña en marcha o 'apadriñamento', e facía un chamamento ós medios de comunicación internacionais para que apoiasen a un xornalista prendido. Desta forma, máis de 200 redaccións en todo o mundo apoian a un colega, pedindo regularmente a súa liberación ás autoridades concernidas e mediatizando a súa situación, para que o seu caso non caia no esquecemento.
Así, Sami Al-Haj está apoiado por La Sexta, IPS-Comunica, La Voz del Occidente, Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Corriere Canadese, Atlas Media, Magazine de Saint-Lambert, Mouton Noir, CIBL e Radio Canada Sudbury.
EE.UU.
RSF