Proclámanse como definitivas as candidaturas presentadas ás demarcacións da Coruña e Lugo

Rematado o prazo de reclamacións, tal e como estipula o Regulamento das demarcacións, e ao non realizarse ningunha, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia procede a proclamar como definitivas as candidaturas presentadas nas demarcacións da Coruña e Lugo.

As candidaturas proclamadas son as seguintes:

  • A Coruña: 
    • María Pardo Ríos
    • Marta Otero Mayán
    • María Cristina Lombao Ramos
    • Dolores Vázquez Blanco 

 

  • Lugo: 
    • Orestes Currás Ordóñez
    • José Luis Ramudo Ramudo
    • María Xosé Cuadrado Fernández 

 

Ao ter concorrido unha soa candidatura por demarcación, estas quedan proclamadas sen necesidade de votacións, ficando así o proceso electoral pechado. No caso da demarcación de Ferrol, ao rematar o prazo sen ninguna candidatura válida presentada en tempo e forma, a Xunta de Goberno procederá a convocar unhas novas eleccións para escoller representantes, que se anunciarán polos medios habituais.

Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia