Preséntase o Manifesto para implementar unha efectiva transparencia pública
O Manifesto para implementar unha efectiva transparencia pública, fruto do I Congreso Internacional da Transparencia e Acceso á Información Pública celebrado en Madrid, recolle dezaoito medidas para avanzar na transparencia e no acceso á información.
O I Congreso Internacional da Transparencia e Acceso á Información Pública, celebrado en Madrid do 28 ao 30 do pasado mes de setembro, clausurouse tras un amplo intercambio de opinións e experiencias. A partir das reflexións realizadas no congreso, vén de facerse público o Manifesto para implementar unha efectiva transparencia pública, que recolle dezaoito medidas para avanzar na transparencia e no acceso á información.
O manifesto está dividido en seis apartados ("Dereito de acceso e transparencia", "Mellorar a normativa sobre transparencia", "Condicións materiais e persoais dos suxeitos obrigados á transparencia", "Transparencia activa, "Transparencia pasiva" e "Apertura institucional") e recolle recomendacións como mellorar a normativa de transparencia, dotar de recursos a aquelas organizacións que non poidan afrontar un servizo de transparencia, esixir que a información sexa comprensible para a cidadanía, dar a coñecer a toda a cidadanía que ten dereito a acceder á información pública ou requerir a retransmisión das xuntanzas de órganos plenarios das Administraciones Públicas e órganos de control.
Recentemente, con motivo do Día Internacional do Dereito a Saber, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lembrou tamén a necesidade de avanzar no dereito de acceso á información, con leis máis extensas e efectivas que garantan o acceso á información pública.
CPXG