Premio Europeo de Xornalismo contra a discriminación

O Premio Europeo de Xornalismo ‘Pola diversidade. Contra a discriminación’ da Comisión Europea recompensa ó mellor artigo publicado nun estado membro dos que escriban sobre o tema. A cuarta edición deste existoso concurso terá lugar durante o Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades para Todos. Durante 2007 levaranse a cabo numerosas actividades baixo a súa guía e apoio.
De acordo cos resultados do Eurobarómetro publicado en xaneiro, o 64 por cento dos europeos cre que a discriminación está estendida no seu país, e máis da metade considera que non se fai o suficiente para a combater. Dar a coñecer os dereitos dos cidadáns para non ser discriminado, mostrar os efectos negativos deste problema, e explicar os beneficios e as oportunidades que brinda a diversidade, non só é importantes, senón crucial para facer da igualdade unha realidade.

O Premio Europeo de Xornalismo unirase ó Ano da Igualdade coa inclusión dun premio especial para aquel artigo que destaque algún dos moitos eventos que se organizarán neste marco.

O Premio recompensará ós xornalistas que contribúan a facilitar unha mellor comprensión da diversidade, así como a combater a discriminación. Será un elemento máis da campaña contra a discriminación, que conta cun maior número de participantes cada ano. De feito, para a edición de 2006, recibíronse máis de 700 inscricións. Os gañadores serán anunciados o próximo mes de abril en Bruxelas.

O concurso está dirixido a todos os xornalistas dos 27 estados membros da UE. Anímaselles a enviar artigos de prensa escrita ou on-line sobre discriminación ou diversidade, por motivos de raza ou orixe étnico, relixión ou crenzas, idade, discapacidade ou orientación sexual. Os artigos que estean relacionados co Ano Europeo de Igualdade de Oportunidades para Todos poden abordar tamén cuestións de xénero. Poden estar escritos en calquera das 23 linguas oficiais da UE e terán unha lonxitude de polo menos 3.800 caracteres.

Así mesmo, deben ter sido publicados entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2007, que é a data límite para enviar as propostas. Xurados nacionais compostos por profesionais dos medios de comunicación e por expertos en discriminación seleccionarán 27 gañadores nacionais que, á súa vez, optarán polo Premio final. O gañador e os dous finalistas, así como o gañador da categoría especial, que serán electos por un xurado paneuropeo, recibirán unha bolsa para realizar unha viaxe ó país europeo da súa elección.