Planeta prepara un novo diario dixital de información xeral

O grupo Planeta, propietario de La Razón e o gratuíto ADN, quere competir en Internet. Prepara un novo medio dixital que prevé que estea listo para o próximo outono.
Á fronte está o xornalista Juan Varela, quen explica que o proxecto se encontra nas fases iniciais. "Será un medio dixital de información, pero non só de información", adianta.

Aínda non está definido o papel que xogará nel a marca ADN, o gratuíto de Planeta, aínda que conta co seu respaldo e estará presente dalgunha maneira.

Varela explica que as redaccións e os contidos serán independentes: "Os obxectivos e o produto do gratuíto e Internet serán distintos".

Aínda non están definidos os prazos, aínda que se espera o lanzamento para o próximo outono.

Para este novo medio, Varela conta co apoio de Nuria Padrós, quen foi subdirectora de ADN e agora será directora adxunta do novo medio dixital, e Íñigo Sáenz de Ugarte, antigo responsable da web de informativos Telecinco, que estará á fronte da información.

Pola súa parte, Juan Varela é director de Mediathink Consultores e asesor xornalístico e director do Proxecto de Formación do grupo Vocento. Ademais, escribe o blog sobre xornalismo e medios Periodistas 21. Anteriormente foi tamén subdirector de Diario 16 e de El Periódico de Catalunya.

MADRID
EL MUNDO
Raquel Quílez