Parabéns do Colexio de Xornalistas ós Servicios Informativos de SER-Galicia e a Informativos Telecinco polos Premios ONDAS

O Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé María García Palmeiro, felicitou hoxe ós profesionais dos Servicios Informativos da Cadena SER en Galicia polo Premio ONDAS que ven subliñar o excelente traballo realizado na cobertura da catástrofe do "Prestige".
O texto, dirixido a Gonzalo Cortizo, Director de Informativos de SER-Galicia, di o seguinte:

"No nome do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, recibe os parabéns por ese merecido PREMIO ONDAS.

Parabéns extensivos a todos os profesionais e as profesionais da SER en Galicia, que contaron, desde o vivo compromiso co xornalismo e coa sociedade galega, a crónica da catástrofe do "Prestige".

Co desexo de que ese compromiso continúe sempre e coa esperanza de que esa crónica exemplar sirva para conxurar ameazas semellantes ó medio natural e ós recursos productivos en terra e mar. En Galicia ou máis alá.

Permíteme asemade expresarche, a tí e os compañeiros e compañeiras que contigo traballan nas emisoras da SER en Galicia, a miña viva emoción como xornalista que ten a sorte de contar con tantos e tan bós amigos nese colectivo.

Unha forte aperta para todos e todas."

FELICITACIÓN A INFORMATIVOS TELECINCO

O Decano do Colexio expresou tamén os parabéns a Juan Pedro Valentín, Director de Informativos Telecinco, e ó seu equipo, premiados asemade cun ONDAS polo seguimento e a cobertura do impacto e dos efectos da catástrofe do "Prestige".

O texto remitido é o seguinte:

"En nombre del Colegio de Periodistas de Galicia, muchas felicidades por ese merecido Premio ONDAS que viene a subrayar vuestro acierto en el seguimiento de la catástrofe del "Prestige".

Te ruego transmitas esa felicitación a los compañeros y compañeras que cada día elaboran una propuesta informativa atractiva, interesante y refrendada por la audiencia.

Me complace mucho este reconocimiento a vuestra labor y quiero decirte también que recuerdo con emoción tu presencia en Ferrol en el acto de homenaje al compañero José Couso. En él pensamos también en este momento feliz del ONDAS.

Un fuerte abrazo."