Ourense acolle o 10 de novembro o 5º Foro da Comunicación de Galicia

Expourense organiza, co apoio de numerosos profesionais e entidades, entre as que se encontra o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a quinta edición do Foro da Comunicación de Galicia, que terá lugar o 10 de novembro no recinto da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Finca Sevilla, s/n), a partir das 9:45 horas.

O programa ábrese coa conferencia "“Os desafíos do comunicador, aínda que sexa de márketing", impartida por José Manuel Velasco. Presidente de la Global Alliance for Public Relations and Communication Management. A continuación, ao longo da mañá celebraranse mesas redondas sobre comunicación e innovación e e-business, ademais dun obradoiro sobre tendencias en redes sociais. 

A sesión da tarde vai comezar cunha mesa redonda sobre modelos de cambio en Marketing y Comunicación, á que seguirán as intervencións de Pepe Barro, deseñador gráfico; José Luis Zamorano, publicista e Juan Vázquez, CEO de Martín Códax. O foro péchase coa entrega da segunda edición dos Premios Paraugas da Comunicación e do Márketing de Galicia.

De forma complementaria ao programa de conferencias e debates, existirá un área expositiva onde estarán representados os sectores da publicidade, colexios oficiais, asociacións de prensa e xornalistas, academias de audiovisuais, clústers, medios de comunicación (prensa, radio, televisión), axencias e consultoras de comunicación, community managers e as universidades galegas.
 
O foro ten aberto o prazo de inscricións, a través do correo electrónico comunicacion@expourense.org ou do teléfono 988 36 60 30. Máis información na web de Expourense.
 
CPXG