Os periódicos nacionais rexistraron unha baixada xeneralizada na venda de exemplares diarios durante o 2006
Dentro das cabeceiras de maior tiraxe en España, ‘El Mundo’ e ‘La Razón’ son os únicos diarios que conseguen aumentar o número de lectores
Durante outro mes máis, os periódicos de maior tiraxe en España rexistraron unha baixada no que se refire a venda de exemplares diarios, tendo en conta tamén as subscricións individuais. Segundo os datos do último informe da Asociación Española de Editores de Diarios (AEDE), auditado por Deloitte, dentro de todo o conxunto de diarios, que conseguiron vender 1.357.564 periódicos diarios en total (un 4,42% menos que o ano 2005), El Mundo volve a situarse por detrás de El País pese a ser a cabeceira que máis aumentou as súas vendas durante o mes pasado de decembro ata chegar ás 269.875, un 6,24% máis respecto ó ano pasado.
El País non parece disposto a ceder a súa posición e volve a liderar a lista de periódicos máis vendidos en España cun total de 346.958 exemplares diarios. A pesar destes bos resultados, a cabeceira principal do Grupo Prisa sufriu en decembro un importante tropezón ó rexistrar unha baixada dun 6,06% nas vendas respecto ó mesmo período do 2005.
A maior caída de todos os periódicos nacionais volve a vir da man de ABC que con 156.031 exemplares, e ocupando a terceira posición dos máis vendidos, rexistrou a maior baixada de todos eles, un 17,29%. La Vanguardia posiciónase en cuarto lugar con 142.963 exemplares, o que supón unha baixada do 3,99%.
En quinta posición aparece El periódico de Catalunya con 132.501 vendas diarias (un 5,62% menos), seguido de El Correo Español con 115.206 exemplares (-4,76%), La Razón que conseguiu vender no mes pasado de decembro 100.024 exemplares diarios (+2,21%) e La Voz de Galicia que, coas súas 94.006 vendas diarias e unha baixada do 2,32%, sitúase en última posición.
No terreo deportivo a situación repítese durante un mes máis, e desta forma Marca volve a liderar a lista dos máis vendidos con 273.215 diarios a pesar de rexistrar a maior baixada do sector, un 9,54%. Os malos resultados obtidos nos últimos meses pola cabeceira parecen ser un dos puntos claves da compra do grupo Recoletos por parte do grupo italiano RCS Mediagroup (Rizzoli), propietario de Corriere della Sera e que controla Unedisa, a editora de El Mundo, por 1.100 millóns de euros.
AS ocupa unha vez máis a segunda posición cun total de 195.651 exemplares diarios e unha importante suba dun 2,57%. Á cabeceira de Prisa séguelle de lonxe o Mundo Deportivo con 82.014 vendas diarias (-2,63%) e Sport coa maior suba do sector (3,02%) que lle achega unhas cifras totais de 81.810 exemplares.
No ámbito económico, Expansión volve a liderar a lista dos máis vendidos cun total de 43.855 exemplares e unha suba dun 1,18%, seguido por Cinco Días, que conseguiu vender 10.943 exemplares a pesar de rexistrar unha perda de 5,24% e Gaceta dos Negocios que baixou un 3,06% ata chegar ós 5.922.
Por outra parte, respecto ós ingresos dos principais diarios grazas á publicidade, durante o mes pasado de decembro volveron a rexistrar importantes ganancias ó conseguir unha factuiración neta de 62.578.871 euros en total, un 6,38% máis que no mesmo período do 2005.
Neste terreo, El País volve a ocupar a primeira praza cuns ingresos de 15.028.148 millóns de euros (un 9,63% máis) seguido de El Mundo con 12.199.457 euros e un aumento do 10,21%.
En terceira posición consolídase La Vanguardia con 10.206.277 euros, seguida de ABC con 8.310.604 euros (+1,37%), El Periódico de Catalunya con 5.494.253 (+ 4,29%) e El Correo Español cunha suba dun 3,35% e uns ingresos de 4.520.571 euros.
Pechando a lista sitúanse La Voz de Galicia cun aumento dun 3,11% e unhas ganancias de 3.762.413 euros e La Razón que a pesar de ocupar a última posición con 3.057.148 euros foi o periódico que conseguiu un maior aumento, un 12,04%.
No ámbito deportivo, Marca sitúase en primeira posición cunhas ganancias de 3.602.017 euros (un 11,80% máis) mentres que As aparece despois con 1.344.521 euros e a maior suba no terreo, un 30,75%.
Con gran diferenza, Sport sitúase en terceira posición cuns ingresos publicitarios de 606.200 euros (10,98% máis) seguido de preto polo Mundo Deportivo con 594.201 euros.
Por último, no terreo económico Expansión lidera a lista ó aumentar un 27,87% respecto ó ano anterior e conseguir uns ingresos publicitarios de 1.931.905 euros no mes pasado de decembro. Gaceta de los Negocios con 843.093 euros (+12,31%) e Cinco Días cunhas ganancias de 611.573 euros (+ 9,30%) completan os datos.
MADRID
ESTRELLA DIGITAL
Gema Ortega