O Tribunal Supremo anula unha condena a morte de 1937 ó director de Radio Málaga por ser de Esquerda Republicana

A Sala do Militar do Tribunal Supremo (TS) anulou, por primeira vez e por unanimidade, unha condena ditada por un consello de guerra franquista, pola que en 1937 un republicano que dirixiu Radio Málaga na guerra civil, Ricardo Puente Rodríguez, foi condenado a pena de morte por un delito de rebelión militar, que posteriormente lle foi conmutada por seis anos de prisión, informa elplural.com.
A condena anulada foi ditada o 6 de agosto de 1937 por un Consello de Guerra de Málaga que xulgou ó militante de Esquerda Republicana Ricardo Puente Rodríguez, propietario dunha emisora de radio, por un delito de rebelión militar.

Puente foi sentenciado á pena de morte "polos seus ideais extremistas, como pertencente ós partidos de Acción e de Esquerda Republicana, pola propaganda antes e durante o Movemento feita na estación de radio EAJ 9 da súa propiedade, polas interferencias feitas na mañá do día 18 de Xullo para que non puidesen oirse nesta cidade as emisoras do Norte de África adictas naquelas horas ó Movemento Nacional".

O mes pasado de outubro o TS autorizou a revisión deste caso, reclamada polo fillo de Puente Rodríguez, Fernando Puente Aguado, quen alegou que o seu pai fora xulgado catro meses antes polos mesmos cargos e resultara absolto.

A sentenza condenatoria referiuse á existencia desa causa anterior matizando que a Puente "se lle seguiu un procedemento por ter ofrecido a estación de radio e o automóbil da súa propiedade ó Sindicato de Telégrafos, do que foi absolto".

A Sala do Militar entendeu que Puente foi xulgado dúas veces pola súa conduta durante un mesmo período de tempo, algo que permite a revisión da súa condena.

MADRID
PERIODISTAS-ES