O Sindicato de Xornalistas de Catalunya rexeita o Protocolo de Acceso dos medios ás Salas de Vista

O Sindicato de Xornalistas de Catalunya (SPC) "rexeita categoricamente" o Protocolo de Acceso dos Medios de Comunicación ás Salas de Vista aprobado pola Sala de Govern do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) no cal se establecen uns criterios que pretenden regular o labor dos xornalistas.
Para o Sindicato, este protocolo "restrinxe gravemente o labor dos profesionais da información".

O Sindicato afirma que a norma prohíbe tomar imaxes ou fotografías, non só nas Salas de Vista senón nos corredores, o que deixaría en mans dun só medio "institucional", segundo se desprende do texto do TSJC, prover ós demais de ditas imaxes, algo que "afectaría ó conxunto da cidadanía, que verá mutilada a información que recibe", apunta o comunicado.

Por todo isto, o Sindicato "dá pleno apoio á esixencia formulada polos profesionais que se ocupan da información ós tribunal", que piden que o protocolo sexa retirado.

Na nota que o SPC enviou ós medios para denunciar esta situación sinálase que "os tribunais non teñen que decidir que han de publicar ou emitir os medios".

Ningún conflito grave

Segundo o sindicato, a tensión "entre o dereito á información e o dereito á intimidade" que existe na información xudicial non causou ningún conflito grave, polo que se insta ó TSJC que a prohibición sexa aplicada unicamente para "casos excepcionais" e non facer unha norma, como resolveu o TSJC.

Desta forma, o TSJC non debería avanzarse ó Estatuto do Xornalista Profesional, actualmente en trámite parlamentario, que precisamente ha de dar resposta a este tipo de conflitos, entre outros.

MADRID
ESTRELLA DIGITAL / EP