O martes 14 ás 19:00 remata o prazo para enviar candidaturas ao Premio Couso

Ás 19:00 horas do vindeiro martes 14 de marzo remata o prazo para enviar candidaturas á XIII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.

Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta. Igualmente, calquera persoa ou organización vinculada ao xornalismo está facultada para facer chegar a súa candidatura. O envío de candidaturas, con argumentación e currículum vitae, realizarase ao seguinte correo electrónico: premiocouso@xornalistas.gal ou a través da web do Premio Couso

O día 16 de marzo anunciaranse as candidaturas definitivas. Entre ese día e as 19:00 horas do 6 de abril, o xurado, composto polos colexiados e colexiadas do Colexio de Xornalistas e polos socios e socias do Club de Prensa, poderá votar as candidaturas. O fallo do xurado darase a coñecer nunha rolda de prensa. A entrega terá lugar o día 4 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.

CPXG