O CPXG regresa este xoves ao horario de inverno

Desde este xoves 1 de outubro, o Colexio de Xornalistas regresa ao horario de inverno, segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña. A partir de agora, o CPXG estará aberto de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas de luns a xoves e de 08.00 a 15.00 horas os venres.

As persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar facéndoo nese horario, ben mediante o enderezo eletrónico xornalistas@xornalistas.gal, ben chamando ó teléfono 981 935 670. Debido á actual crise sanitaria, a atención presencial na sede só poderá realizarse mediante a concertación dunha cita previa.

CPXG