O CPXG organiza, xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, un certame de Xornalismo Literario

Todos os colexiados poderán propoñer a candidatura dun profesional da comunicación que destacase polo seu traballo ao longo do pasado ano 2006.
O prazo para presentar as propostas ao Premio de Xornalismo Literario permanecerá aberto ata a primeira semana de marzo.

Entre todas as candidaturas presentadas os colexiados votarán ao gañador que recibirá o galardón en maio durante a cea de celebración do Día das Letras Galegas.

O envío de candidaturas realizarase ao seguinte correo electrónico: xornalistas@xornalistas.com, ou ao enderezo postal co CPXG en San Pedro de Mezonzo, 48, 1ºC, 15701 de Santiago de Compostela.