O CPXG intervén esta tarde na presentación dunha declaración contra a violencia contra as mulleres

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Colexio Oficial de Psicólogos e o Consello da Avogacía Galega convocan esta tarde un acto no que presentarán unha declaración conxunta sobre como 'Eliminar a Violencia contra as Mulleres. Un compromiso Profesional'. O lugar da convocatoria é a sede do Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6, baixo), en Santiago de Compostela. A cita está marcada para as 19.00 horas.
Van intervir Concha Fernández, Coordinadora da Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, Decana do Colexio de Psicólogos de Galicia, Luis A. Pousa, Director do Observatorio Galego dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e José Antonio López Graña, Presidente do Consello da Avogacía de Galicia.