O CPXG expresa a preocupación polo tratamento da agresión a un menor
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere amosar publicamente a súa preocupación pola difusión de imaxes nos medios como a que esta semana recolleu unha paliza a un rapaz de Boiro.
A natureza do caso, no que están implicados menores de idade, a brutalidade dos feitos e a circunstancia de que a gravación se levara a cabo coa vontade deliberada de darlle difusión, son argumentos máis que suficientes para abrir unha reflexión sobre este asunto.
Por esta razón, o CPXG decidiu encargar ao seu Observatorio dos Medios a elaboración dun informe sobre este asunto a partir do cal facer unha reflexión sobre como debe o xornalismo encarar esta clase de fenómenos.
En Santiago de Compostela, a 4 de novembro de 2007
Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)