O Colexio de Xornalistas estrea páxina web

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) estrea hoxe unha nova páxina web que alarga e renova os servizos e contidos da anterior versión. Respectando a imaxe corporativa do Colexio, a nova web moderniza o deseño resultando máis práctica e funcional.
Entre as principais novidades salienta a intranet: un novo espacio para todos e todas as colexiadas no que poderán acceder a foros, debates, enquisas e información corporativa. Neste apartado os colexiados poden tamén subir información e propoñela para o debate, e ademais será tamén unha moi útil ferramenta de traballo para as comisións temáticas. Proximamente faráselle chegar a cada colexiado/a a súa chave de acceso para acceder á intranet.

Outras novidades son a sección de ‘Dossiers’, na que se tratan en profundidade temas como o Estatuto do Xornalista ou o Código Deontolóxico do Xornalismo Galego; as enquisas; os foros de debate; e, coma sempre, toda a información sobre cursos, axenda de eventos e noticias do mundo da comunicación.