O Colexio de Xornalistas acorda coa Delegación do Goberno en Galicia facilitar mascarillas aos profesionais da comunicación

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ven de acordar coa Delegación do Goberno facilitar aos colexiados e colexiadas, así como aos profesionais da comunicación en xeral,  mascarillas de protección.

Con este fin, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Colexio enviando un correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal, identificándose co seu nome, número de colexiación (de ser o caso), medio e cidade na que se atopa, para posteriormente habilitar un lugar no que facerlles entrega desta protección en cada unha das cidades galegas.


CPXG