O candidato á alcaldía da Coruña Henrique Tello estivo esta mañá nos almorzos on/off do CPXG
O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Henrique Tello, asegurou hoxe que o obxectivo da súa formación nas vindeiras eleccións municipais é conseguir "como mínimo" dez concelleiros. "Daríanos para gobernar", sinalou en alusión a un hipotético pacto co PSOE no caso de que non renove a maioría absoluta.
No decurso dos Almorzos ON/OFF que organiza na Coruña o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Tello argumentou que "é mala a maioría absoluta" porque "de aí ao absolutismo hai un paso". O voceiro nacionalista evitou, sen embargo, adiantar a súa política de pactos ao entender que deste tema "non se pode falar antes das eleccións".
Henrique Tello sinalou que a confección da lista coa que concorrerá aos comicios está "aberta intencionadamente" e anunciou "novas incorporacións" que preferiu non desvelar. "A candidatura non a vai facer Quique Tello, aínda que si estarei de acordo con ela, terei que estar de acordo", explicou.
O candidato do BNG tamén se referiu ás protestas dos funcionarios do Concello da Coruña que reclaman "salarios máis xustos". Tello acusou ó alcalde, Javier Losada, de "mentir" cando achegou as cifras sobre os aumentos de soldos.
"As diferencias salariais que hai son desorbitadas e a suba para algún foi raquítica", afirmou o voceiro nacionalista. Ao seu xuízo, o conflicto "está desmadrado" e a súa resolución "só depende do Concello".
Os 'Almorzos ON/OFF' lévanse realizando desde febreiro de 2005 e están organizados polo CPXG na súa demarcación de A Coruña. O ciclo, que pretende fomentar o diálogo e a análise da actualidade cos seus protagonistas, conta coa colaboración da Fundación Luís Seoane.
O ciclo de encontros continuará en vindeiras semanas coa presenza de diversos convidados que se irán anunciando en posteriores convocatorias e a través da páxina web do Colexio.
A CORUÑA