Novas ferramentas para o tratamento xornalístico do autismo e o alzheimer

Esta semana presentáronse senllos documentos para o tratamento nos medios do transtorno do espectro do autismo (TEA) e da enfermidade de Alzheimer: o manual de estilo Cómo abordar el Transtorno del Espectro del Autismo desde los medios de comunicación e a Declaración de Salamanca

A Confederación Autismo España presentou este mércores 12 en Madrid o manual de estilo Cómo abordar el Transtorno del Espectro del Autismo desde los medios de comunicación, que  manual de estilo para informar y orientar a los medios de comunicación, que busca visibilizar a realidade das persoas con TEA na sociedade e informar de forma responsable e positiva sobre o colectivo.

O manual, o primeiro do seu tipo na nosa contorna, propón pautas que se resumen nas seguintes: contar sempre coa perspectiva e información da persona con TEA; dar información científica veraz, contrastada e confirmada; presentar a perspectiva de xénero; escoller os verbos (non se "sofre" ou "padece" autismo, "tense") e as denominacións adecuadas (non é unha enfermidade, es un trastorno); e seleccionar imaxess que poidan sugerir interacción social, unha imaxe positiva das persoas con autismo.

Esta semana tamén se celebrou no Centro de Referencia Estatal de Persoas con Alzhéimer e outras demencias, en Salamanca, o I Encontro de Xornalismo e Alzheimer, que concluíu coa presentación o xoves da Declaración de Salamanca, pola que medios e xornalistas se comprometen a por la que se comprometen a facer chegar á sociedad os "avances e a evolución das investigacións, terapias e iniciativas que contribúan a mellorar" a calidade de vida dos pacientes de alzheimer e do seu entorno.

A Declaración de Salamanca presentouse con máis de trinta adhesións, entre elas as de representantes de tres medios galegos: Clara De Sáa pola Radio Galega, Xabier Blanco por La Región e Raúl Romar García por La Voz de Galicia. O documento conta tamén coa sinatura do Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León. 

Lembramos que na páxina web do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poden atoparse outros documentos para o correcto tratamento da diversidade funcional ou da saúde, como as Recomendacións extraídas do foro sobre comunicación e discapacidades ou a Guía práctica para o tratamento informativo da saúde mental.

CPXG