Neus Bonet repite como decana do Col·legi de periodistes de Catalunya

A xornalista Neus Bonet revalida o cargo de degana do Col·legi de Periodistes de Catalunya, logo de que a Xunta Electoral Central validara a candidatura "Més periodisme" na que se presentaba, a única que concorreu ás eleccións.

Neus Bonet, editora de fin de semana de Catalunya Ràdio e decana do Col·legi de Periodistes desde 2014, encabezaba a candidatura “Més periodisme” á demarcación de Barcelona, formada tamén por Joan Maria Morros, Gemma Nierga, Carles Prats, Mònica Planas, Ismael Nafría, Laia Forés, Francesc Canosa, May Revilla, Xavi Vilà, David Melgarejo, Cristina Salvador, Pipo Serrano, David Badia, Laura Saula e Marc Vicens.

A estes súmanse os vocais surxidos das Xuntas de Demarcación, encabezados por Coia Ballester en Tarragona, Joan Ventura en Xirona, Josep Baubí nas Terres de l'Ebre, Rafael Gimena en Lleida e Enric Badia na Catalunya Central.

O traspaso de poderes e cargos entre a actual Xunta de Goberno e a entrante vai facerse efectivo nas próximas semanas.

CPXG