Nace 'Ferrol Hoxe' cunha visión amena e satírica da bisbarra
Desde Pontedeume, Uxío Fernández lanza ó mercado unha publicación pioneira no panorama xornalístico de Ferrolterra. A revista Ferrol Hoxe xa se encontra nos quioscos cunha saída de 5.000 exemplares, 72 páxinas a toda cor e a intención de cubrir un importante oco editorial.
Uxío, tamén responsable de Imaxe&Comunicación, dirixe a un equipo de dez profesionais cunha forte aposta por "o aspecto gráfico con texto imprescindible nas reportaxes, buscando a lectura rápida". Como nun amplo magacín sobre papel, Ferrol Hoxe ten a vocación de "ofrecer información a todos os públicos, con reportaxes de investigación ou mesmo caricaturas satíricas".
Dentro desa busca da amenidade, non faltará o risco "tan difícil de conseguir na prensa diaria". Cun prezo de 3 euros o exemplar, Ferrol Hoxe nace como "iniciativa única e pioneira, con moitas fotos como lle gusta á xente". Atención, morbosos, porque o primeiro número sae con toques de erotismo: un estripte en exclusiva a cargo da bailarina Vanessa. Entre os xornalistas figuran nomes coñecidos como Ana Martín, Rosa Cernadas, Beatriz Méndez, Alberte Pampín ou Santi Rey. E da fotografía encargaranse Luis Polo e Paula Iglesias.
Aínda que para prato forte: as caricaturas de Julio Ferrín. Mensualmente, veremos a silueta dun coñecido personaxe da bisbarra pechado tras uns barrotes. A partir duns datos cheos de ironía, teremos que pescudar por que mereceu este cárcere ficticia. A sección promete polémicas, emulando á mítica La Codorniz.
Segundo Uxío, "a nosa vocación pasa pola denuncia, pola fiscalización do mundo político, a supervisión de todos os municipios". Cada día 10 teremos Ferrol Hoxe na rúa, "atrevéndose a dicir cousas que outros non poden dicir, será moi divertido, mesmo se houbese un Cachuli o seguiríamos".
FERROL
EL CORREO GALLEGO
P. Hermida