Morre un xornalista indonesio que cubría o traslado a porto do transbordador incendiado o pasado xoves en Xacarta

O cámara da canle de televisión Lativi encontrábase no barco xunto a unha ducia de persoas máis cando se afundiu o transbordador de maneira inesperada
Un cámara indonesio que cubría o traslado a porto do transbordador Levina I, incendiado o pasado xoves na baía de Xacarta, morreu por causa das feridas sufridas ó afundirse onte o transbordador de maneira inesperada, segundo informaron medios locais. O xornalista Suherman, da canle de televisión Lativi, encontrábase no barco xunto a unha ducia de persoas máis, entre investigadores e xornalistas, cando a nave se afundiu mentres era remolcada ata un porto de Xacarta, segín informou a emisora Elshinta.

No centro de emerxencia do porto tamén foron ingresados outro reporteiro e un membro do equipo que investigaba as causas do incendio do buque. Ademais, outras catro persoas seguen desaparecidas a causa do afundimento do transbordador, dous xornalistas e dous investigadores, sinalou rádioa indonesia.
A morte de Suherman eleva a 42 o número de vítimas a causa do accidente do Levina I, que se incendiou o xoves mentres viaxaba desde Xacarta ata a illa de Bangka, en Sumatra. No barco viaxaban polo menos 330 persoas, das que uns 290 foron rescatadas.

A Policía Nacional detivo ó capitán e o primeiro oficial do barco e abriu unha investigación para determinar as causas do suceso.

Segundo os medios locais, os primeiros indicios apuntan a que o lume se iniciaría en un dos camións que transportaba o transbordador e que podería ter sido causado polas substancias químicas que levaba o vehículo.

XACARTA
ESTRELLA DIGITAL / EFE