Matan a un xornalista iraquí en Mosul

Un grupo de pistoleiros matou a tiros a un xornalista da canle de televisión estatal 'Al Iraquiya' na cidade iraquí de Mosul, a 400 quilómetros ó norte de Bagdade, informaron fontes da policía.
Os asaltantes tirotearon en plena rúa ó director e produtor Mohamed Nuri, declarou a Efe o oficial de policía Abd al Karim al Yaburi.

O oficial de policía precisou que o asasinato se produciu preto da casa da vítima no céntrico barrio de Al Yazair e que os agresores lograron escapar.

Os xornalistas e traballadores dos medios de información son branco habitual dos grupos armados e insurxentes iraquís.

BAGDADE
EL MUNDO / EFE