Este xoves preséntase a III Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados

Este xoves, 26 de abril de 2018, ás 12:00 horas, vai presentarse a terceira edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados, na Aula 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n) en Santiago de Compostela.

O acto vai contar coa presenza de:

  • Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
  • Xosé Manuel Pereiro, vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
  • Ramón Mariño Pérez, director de zona de Santiago Cidade de Abanca

 

Ao remate das intervencións, serán presentados, polo seu autor e autora, o traballo gañador da pasada edición: Feira.

CPXG