Ecos del Sur organiza o curso online 'Ciberactivismo: Como identificar e combater o discurso do odio en Internet'

A ONGd Ecos del Sur organiza o curso online Ciberactivismo: Como identificar e combater o discurso do odio en Internet, que se vai desenvolver entre o 8 de maio e o 18 de xuño cunha duración aproximada de 55 horas. O curso forma parte do proxecto CibeRespect, e estará impartido polo Institut de Drets Humans de Catalunya, SOS Racisme e United Explanations.

Con tutorización personalizada e unha vocación claramente práctica, o obxectivo do curso é formar aos activistas da era dixital, respondendo a preguntas como como xerar e difundir discurso alternativo en Internet, que ferramentas poden utilizar os ciberactivistas para confrontar o odio xenófobo ou como coordinar accións para alcanzar maior impacto. O  alumnado realizará campañas e intervencións reais de contraargumentación do discurso do odio, aprendendo as novas vías do activismo dixital. Unha vez rematado o curso, quen o desexe poderán formar parte dunha rede de acción colectiva dedicada á detección e a intervención contra o odio online.

O curso está subvencionado no 80% do seu importe pola Obra Social La Caixa, polo que o alumnado seleccionado terá soamente que abonar o 20% restante, que ascende a 40 euros. Ademais, haberá becas completas para o estudantado que teña escasos recursos económicos.

Máis información e formulario de preinscrición aquí.

CPXG