Dous xornalistas van evitar o cárcere nun caso de segredo das fontes
Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) séntese aliviada ó saber que finalmente non terán que ingresar en prisión Lance Williams e Mark Fainaru-Wada, do diario San Francisco Chronicle, ameazados de encarceramento por unha xurisdición federal, por protexer a unha fonte.
Porén, esa decisión non afecta para nada ó fondo do asunto: en efecto, a fonte dos xornalistas decidiu autodenunciarse e declararse culpable.
Se o avogado Troy Ellerman non declarase que era o informador de Lance Williams e Mark Fainaru-Wada, a condena de cárcere ditada en primeira instancia, por "desacato ó tribunal", teríase sen dúbida confirmado na apelación, prevista para o próximo 7 de marzo. É unha sorte para ambos os dous xornalistas, pero en absoluto significa unha vitoria para a liberdade de prensa e a protección das fontes.
Porén, este caso supuxo unha etapa importante. Pronunciándose a favor dos xornalistas ante o Ministerio de Xustiza, a presidenta da Cámara de Representantes, Nancy Pelosi, manifestouse a favor dunha 'lei escudo' federal, que autorice á prensa a protexer as súas fontes, e que RSF desexa ferventemente.
En 2004, Lance Williams e Mark Fainaru-Wada publicaron nas páxinas do San Francisco Chronicle os elementos da investigación dun gran xurado federal sobre un caso de dopaxe nos medios deportivos, no que estaba implicada a compañía Bay Area Laboratory Co-Operative (BALCO). Entre outras cousas, os xornalistas conseguiron copia do testemuño de tres xogadores de béisbol e dun atleta, acusados de consumo de esteroides, supostamente proporcionados por BALCO.
Cominados a revelar quen lles facilitara as pezas do procedemento, ambos os dous xornalistas recorreron ó segredo profesional, recoñecido á prensa en 33 Estados da Unión pero non a nivel federal. O 15 de agosto de 2006, o xuíz federal Jeffrey White condenounos por "desacato ó tribunal" e sentenciou para eles unha pena de dezaoito meses de prisión incondicional, o máximo previsto. Inmediatamente, os avogados de Lance Williams e Mark Fainaru-Wada presentaron un recurso de apelación.
Atrasada varias veces, a vista da apelación fixárase para o 7 de marzo de 2007. No intervalo, o 14 de febreiro, Troy Ellerman, un dos avogados dos deportistas inculpados, recoñeceu ter facilitado os testemuños dos seus clientes ós xornalistas. O avogado anunciou que se recoñecía culpable de "desacato ó tribunal", "obstrución á xustiza" e "perxurio", unhas infraccións consideradas crimes federais. A Troy Ellerman poderían condenalo a dous anos de cárcere e 250.000 dólares de multa.
O 19 de xaneiro de 2007, a presidenta da Cámara de Representantes, Nancy Pelosi, manifestouse a favor dos dous xornalistas, nunha carta dirixida ó Ministro de Xustiza, Alberte Gonzáles. A deputada demócrata reiterou o seu apoio a unha lei federal que garanta ós xornalistas o dereito ó segredo profesional.
EEUU
RSF
Benoît Hervieu