Desconto para membros do CPXG no curso 'Como falar en público' organizado pola UNED de Ourense

O Centro UNED de Ourense organiza os días 12, 14, 19 e 21 de febreiro o Curso de Extensión Universitaria Como falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Marketing Persoal, que ten prezo reducido para as colexiadas e os colexiados do CPXG.

O curso vaise realizar en horario de 17:30 a 20:30 horas os martes e xoves no Centro UNED de Ourense (Estrada Vigo Quintela, s/n, Outariz, Ourense). O curso ten como obxectivos aprender técnicas e estratexias para controlar os nervios e a locución de cara a conseguir unha comunicación directa e sinxela, cun discurso forte, á hora de falar en público. 

O custo da matrícula é de 45 euros, cun prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG e de 25 euros para persoas en situación de desemprego. O curso vai constar de 12 horas de formación presenciais, complementadas con 13 horas non presenciais nas que a alumna ou alumno deberá realizar un traballo online sobre unha materia asignada individualmente..

O curso, impartido por Alba Adá Lameiras, licenciada en Xornalismo e experta en Comunicación 2.0, estará dirixido por Tiberio Feliz Murias, profesor titular de didáctica, organización escolar e didácticas especiais da UNED, e coordinado por Jesús Manuel García Díaz, doutor en Historia e director do Centro UNED de Ourense.

Máis información e formulario matrícula aquí.

CPXG