Continúa aberto o prazo para a presentación de traballos ao II Premio Cegasal de Xornalismo

Cegasal presentou o mes pasado a segunda edición dos seus premios á mellor información xornalística sobre economía social, que conta de novo coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O prazo de recepción dos traballos péchase o próximo 30 de marzo.

Nesta nova edición aumenta o importe do galardón e divídese o premio en dúas categorías: unha dedicada ao mellor traballo en prensa escrita ou diarios dixitais, e unha segunda para informacións de radio e televisión, cunha dotación de 1.500 Euros cada un.

Os traballos deberán enviarse, antes do 30 de marzo, vía mail a cegasalcomunicacion@gmail.com, ou por correo ordinario ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (Rúa Ponferrada, 9, baixo. 15707 Santiago de Compostela). A información presentada deberá ir acompañada dun breve currículum do autor da mesma. Os gañadores daranse a coñecer na primeira quincena de maio.

Máis información aquí.