Consulta os vídeos da xornada 'Desinformación e ameazas á liberdade de expresión'

Se non puideches asistir á xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos, organizada o pasado 28 de novembro, ou se o fixeches pero queres repasar ou ter a man o que alí se dixo, o Colexio de Xornalistas pon á túa disposición á gravación completa das ponencias e mesas redondas, cuxos vídeos podes consultar nesta noticia e na nosa canle de Youtube

DESINFORMACIÓN E AMEAZAS Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN: 
Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

 

Acto inaugural (Intervención de Francisco X. González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC)
Conferencia inaugural O avance da extrema dereita en Europa: Desafío para o xornalismo (Paolo Berizzi, xornalista en La Repubblica, presentado por Francisco X. González Sarria (decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia)

Panel: As fake news como estratexia informativa (con Marilín Gonzalo, coordinadora da área de contidos dixitais de Newtral.es; César Peña, membro do Laboratorio de innovación de RTVE e de Verifica RTVE, Patricia R. Blanco, coordinadora do blog ‘Hechos’ de El País; e Eli Vivas, xornalista de datos cofundadora de Verificat; moderado por Lara Graña, xornalista de Faro de Vigo).

Panel: Os novos movementos extremistas e como afrontar o fenómeno desde o xornalismo (con Xosé Hermida, redactor xefe de España en El País; David Lombao, xornalista e director de Praza.gal; María Obelleiro, directora de Sermos Galiza e Nós Diario; Virginia P. Alonso, codirectora de Público; e Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial; moderado por Fernando Varela, redactor xefe de infoLibre)

Conferencia Facer xornalismo na era da desinformación (Marta Peirano, xornalista e ensaísta especializada en tecnoloxía do poder, presentada por Belén Regueira Leal, membro da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia)

Panel: Ameazas para a información no mundo dixital  (con Alexandre López-Borrull, profesor agregado dos Estudos de Información e Comunicación da Universitat Oberta de Catalunya; Raúl Magallón Rosa, profesor de Xornalismo na Universidad Carlos III de Madrid; Dolors Palau-Sampio, profesora titular de Xornalismo na Universitat de València; Edita de Lorenzo, Universidade de Vigo, COETG; moderado por Berta García Orosa, profesora titular da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC)

Ponencia de peche da xornada: Os ataques á liberdade de prensa en España (Edith Rodríguez, correspondente de RSF Internacional e membro da Xunta Directiva de RSF España, presentada por Fernanda Tabarés, xornalista do Grupo Voz).
 

Acto de Clausura (Intervención de Francisco X. González  Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

CPXG