Constituída a comisión negociadora do III Convenio Colectivo estatal de Prensa Diaria

Os representantes da Federación de Servizos de UGT (Fes-UGT) e de CCOO, dunha parte, e da patronal de prensa AEDE, doutra, constituíron a comisión encargada de negociar o III Convenio colectivo estatal de prensa diaria.
Como sindicatos máis representativos no ámbito estatal, UGT e CCOO formarán parte da comisión negociadora con seis membros cada un deles, quedando as tres prazas restantes, ata o máximo legal de quince, reservadas para os sindicatos máis representativos de ámbito autonómico ELA e LAB, do País Vasco, e CIG, de Galicia.

A partir de agora ábrese un período dun mes durante o cal os sindicatos UGT e CCOO traballarán conxuntamente na elaboración da plataforma que levarán á mesa de negociación. A mediados de abril iniciaranse as conversacións coa patronal.

O anterior convenio cumpriu a súa vixencia o 31 de decembro pasado.

Coincidindo coa constitución da comisión negociadora do convenio, o sector de Comunicación Social de Fes-UGT abriu un correo electrónico destinado a facilitar a participación dos traballadores de prensa diaria no proceso de negociación.

Mediante ese correo, a representación de UGT na comisión negociadora atenderá as suxestións e consultas dos traballadores afectados polo convenio.

PERIODISTAS-ES
MADRID