Condenan un blogueiro exipcio a catro anos de cadea por atentar contra o Islam

Un blogueiro exipcio foi condenado a catro anos de cadea polos contidos da súa bitácora. Segundo un tribunal de Alexandría, Abdelkarim Suleimán, de 22 anos, atentou contra a relixión e difamou o presidente da República.
O autor, coñecido polo pseudónimo de Karim Amer, fora detido en novembro por oito entradas do seu blog.

A condena á que se enfronta Suleimán é de tres anos de prisión por atentar contra a relixión máis outro por difamar a Hosni Mubarak. Ademais, terá que efectuar traballos forzados. O Tribunal de Casación de Alexandría vai revisar a sentenza o día 26, aínda que os avogados do blogueiro son pesimistas.

A bitácora de Suleimán, karam903.blogspot.com, é moi crítica coas institucións do país e coa relixión musulmá, polo que foi acusado de propagar información prexudicial para a orde pública, incitar ao odio aos musulmáns e insultar o presidente. Nun principio, o fiscal pedira para el 9 anos de cadea.

SANTIAGO DE COMPOSTELA
VIEIROS