Concentración ante a Embaixada de México en España

Hoxe, xoves 18 de maio, ás 19:00 horas, vai ter lugar unha concentración ante a Embaixada de México en España (Carrera de San Jerónimo, 46, Madrid) para protestar contra a impunidade e o asasinato de xornalistas

O asasinato, o pasado 15 de maio do xornalista mexicano Javier Valdez Cárdenas, eleva xa a seis o número de comunicadores mortos no país latinoamericano no que vai de ano. Os Colexios Profesionais de Xornalistas de Cataluña, Galicia, Murcia, Andalucía, País Vasco, A Rioxa, Castela e León, Navarra e Asturias emitiron un comunicado conxunto, Non ao silencio, para denunciar esta situación.

CPXG