Comunicación e Discapacidades

O Observatorio dos Medios convoca o seu segundo foro internacional, Comunicación e discapacidades, para afrontar a necesidade de información e presenza nos medios das persoas con discapacidades e as súas familias. Ten unha parte virtual (do 6 de novembro ao 16 de decembro), na páxina do Observatorio, e unha xornada presencial, o 16 de decembro na Coruña, coa posibilidade de participar en calquera das dúas.
As persoas que padecen algunha discapacidade e o servizo que a elas lles ofrecen os medios, así coma o tratamento das informacións referidas a esta problemática, centran os encontros virtuais e o presencial deste foro.

Estas persoas teñen unha ampla presenza na nosa sociedade. Porén, en xeral, os medios de comunicación danlle pouca relevancia ás informacións sobre discapacidade, concedéndolle espacios reducidos e relegando as novas a unha sección fixa e a un tratamento estereotipado.

O foro pretende tirar conclusións para conseguir unha mellor representación das persoas con discapacidade nos medios, a través do debate das diferentes ponencias na páxina web e da xornada presencial, o 16 de decembro no Centro Universitario de Riazor, na Coruña. O próximo 6 de decembro ábrese o plazo para enviar comunicacións, experiencias ou historias de vida.