Carlo Caracciolo equilibra a Edouard de Rothschild en Libération

Carlo Caracciolo, un dos fundadores do diario italiano 'La Republica', entrou cunha achega persoal de cinco millóns de euros no capital de 'Libération', do que terá un 33 por cento do capital e que o situará como segundo accionista detrás de Edouard de Rothschild, quen pouse o 38,7 por cento do capital.
Esta achega de Caracciolo, que "permite entrever unha saída á crise", é "un contrapeso", manifestaron os dous sindicatos máis importantes do diario nun comunicado conxunto, en resposta a unha nota de Rothschild na que o financeiro asegura que "se superou unha etapa importante para a refundación" de 'Libération'.

Pathé (1.500 millóns), Mediascap (1.200 millóns) e Suez (300 millóns), que xa son accionistas do periódico, terán, respectivamente, o 10, o 8 e o 2 por cento do capital. A decena de personalidades que investirán 1.200 millóns de euros a título persoal, entre eles André Rousselet, fundador da cadea privada Canal Plus, Pierre Bergé, quen foi presidente da casa de alta costura Yves Saint-Laurent, ou o escritor e filósofo Bernard-Henri Lévy, posuirán o 8 por cento.

Cun 18,4 por cento do capital, a Sociedade Civil do Persoal de 'Libération' (SCPL), un organismo que renunciou nesta nova etapa ó dereito de veto que mantiña sobre as grandes decisións do periódico, como os aumentos de capital ou o nomeamento do presidente, participará tamén no aumento de capital cun importe "aínda por precisar".

Así mesmo, a Sociedade de Lectores de Libération (SLL), creada ó principio da crise financeira que se abriu en setembro pasado, subscribirá a ampliación de capital.

'Libération' acumulou no 2006 unhas perdas estimadas en 12 millóns de euros.

MADRID
PERIODISTAS-ES