Atención psicolóxica para xornalistas afectados pola pandemia

A asociación EMDR España pon en marcha un programa de intervención psicolóxica gratuíta, dirixido a profesionais sometidos a un gran nivel de estrés pola pandemia de Covid-19. Un grupo de terapeutas voluntarios, todos eles psicólogos clínicos ou sanitarios e psiquiatras, formados en terapia do trauma, colaboran na abordaxe do estrés agudo que a situación actual está xerando en moitos colectivos profesionais.

Os xornalistas sometidos a un gran desgaste emocional pola pandemia, por causas profesionais ou persoais, poden poñerse en contacto co CPXG, a través do correo electrónico (xornalistas@xornalistas.gal) ou do teléfono (981935670), para solicitar esta intervención online breve.

A intervención non constitúe unha terapia e ten o obxectivo de reducir o nivel de activación emocional e favorecer a resiliencia.

CPXG