As emisoras da Coruña celebran a sétima edición de 'A Radio Conta'

A sétima edición de 'A Radio Conta', programa de radio que une oito misoras públicas e privadas da Coruña nunha emisión solidaria, celebrarase o vindeiro sábado 28 de decembro a partir das 17:00 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña (Rúa Rego de Auga, 37). Nesta ocasión, o obxectivo do programa é axudar á Asociación Asanog. 

Profesionais da Radio Coruña-Cadena SER, RadioVoz, Radio Marca, Cope, Radio Nacional, Radio Galega, Onda Cero, e Radio Intereconomía volverán formar unha redacción única para unha nova emisión de A Radio Conta, o programa solidario das emisoras coruñesas, que se celebrará este sábado 28 de decembro no Teatro Rosalía de Castro a partir das 17:00 horas, con música e moitas sorpresas. 

Nesta sétima edición do programa, o diñeiro recadado irá destinado á Asanog, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, que desde 2012 busca contribuir no ámbito da nosa comunidade ao benestar dos nenos que padecen un cancro e o das súas familias. 

Presentado por Moncho Viña, o programa vai contar coa colaboración de artistas, como Xosé A. Touriñán, Moncho Borrajo, Luís Iglesia, Marita Martínez, Pablo Díaz, Brais Morán ou As Tanxugueiras, entre outros moitos.

Máis información na web de 'A Radio Conta'

CPXG